[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vangarda Nazonalista Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado por Álvaro das Casas e algúns disidentes do Partido Galeguista, deuse a coñecer o 25 de xullo de 1933 por medio do seu voceiro Máis!, que curiosamente estaba en castelán. Máis! só publicou un número e non se coñecen actividades do partido posteriores a 1934.