[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Clara Zetkin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClara Zetkin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Clara Eißner Editar o valor en Wikidata
5 de xullo de 1857 Editar o valor en Wikidata
Königshain-Wiederau, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 1933 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Arkhangelskoye, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNecrópole da muralla do Kremlin Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, suffragette, editora literaria, mestra, activista pola paz, xornalista, activista polos dereitos das mulleres, escritora Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Alemaña
Partido Socialdemócrata de Alemaña
Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña Editar o valor en Wikidata
Membro de
Compañeiro profesionalHenriëtte van der Mey (1904–) Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeFriedrich Zundel (1899–1928)
Ossip Zetkin Editar o valor en Wikidata
ParellaOssip Zetkin (1850–1889) Editar o valor en Wikidata
FillosMaxime Zetkin
 () Ossip Zetkin
Kostja Zetkin
 () Ossip Zetkin Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Цеткин Клара)
Enciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1400237 Discogs: 1982186 Find a Grave: 13094979 Editar o valor en Wikidata


Clara Zetkin, nada como Clara Eißner en Wiederau, Saxonia, o 5 de xullo de 1857 e finada en Arkhangelskoie, preto de Moscova, o 20 de xuño de 1933,[1] foi unha profesora, xornalista e política marxista alemá. Até 1917, militou no Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), despois uniuse ó Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) na súa á esquerda, a Liga Espartaquista, que se tornaría posteriormente Partido Comunista de Alemaña (KPD), ó que representaría no Reichstag durante a República de Weimar de 1920 a 1933.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu como Clara Eissner en Wiederau, Saxonia. O seu pai, Gottfried Eissner, era mestre de escola e organista da igrexa, e a súa nai, Josephine Vitale Eissner, pertencía a unha familia burguesa de Leipzig.

En 1874, tras finaliza-los seus estudos para ser profesora, Zetkin entrou en contacto co movemento obreiro e feminino en Alemaña. En 1878 uniuse ó Partido Socialista dos Traballadores (Sozialistische Arbeiterpartei, SAP). O partido fundárase en 1875 da unión de dous partidos: o Allgemeiner Deutscher Arbeiterverein (ADAV) fundado por Ferdinand Lassalle e o Sozialdemokratische Arbeiterpartei Deutschlands de August Bebel e Wilhelm Liebknecht. En 1890 mudou o nome polo aínda actual Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD).

Clara Zetkin en Zürich, en 1897.

Por mor da prohibición das actividades socialistas por parte de Otto von Bismarck en 1878, Zetkin inicialmente se refuxiou en Zürich cara a 1882, e finalmente se dirixiu a París. Durante a estancia en París tivo un importante rol na formación da II Internacional. Adoptou o apelido do seu marido, o ruso Ossip Zetkin, con quen tivo dous fillos: Kostja e Maxim. Ossip morreu en 1889 e Zetkin casou 10 anos despois co artista Georg Friedrich Zundel, de 1899 a 1928.

Zetkin, canda Rosa Luxemburg, foi unha das principais figuras da á máis á esquerda do SPD, confrontando as teses revisionistas de Eduard Bernstein. Ademais foi unha importante defensora dos dereitos da muller, entre os que cómpre salientar a loita pola igualdade de oportunidades e mailo sufraxio feminino.

De 1891 a 1917 editou o xornal do SPD Die Gleichheit (Igualdade).[2] Ela decidiu por vez primeira, en 1910[3], que o 8 de marzo fose o "Día Internacional da Muller".[4]

Durante a primeira guerra mundial, Zetkin, canda a Karl Liebknecht, Rosa Luxemburg e outros destacados políticos do SPD rexeitaron a política do partido denominada Burgfrieden, que consistía no apoio ó goberno alemán deixando de lado o labor de oposición, incluíndo a non realización de folgas. Con outras activistas antibelicistas, Zetkin organizou unha conferencia internacional de mulleres socialistas contrarias á guerra en Berlín en 1915.[5]

Alexandra Kollontai (dereita da imaxe) seguida por Clara Zetkin, no II Congreso da Internacional Comunista, en 1921.

En 1916 Zetkin foi unha das cofundadoras da Liga Espartaquista e do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) que se escindiu do SPD en protesta pola súa posición a prol da guerra. En xaneiro de 1919, despois da Revolución alemá de novembro de 1918, a Liga Espartaquista abandonou o seo do USPD para, canda outros grupos, forma-lo Partido Comunista de Alemaña (KPD); Zetkin representou o partido de 1920 a 1933 no Reichstag. En 1920 entrevistou a Vladimir Lenin sobre a "cuestión feminina"[6].

Até 1924 Zetkin foi membro da oficina central do KPD, de 1927 a 1929 foino do comité central do partido. Foi membro, tamén, do comité executivo da Internacional Comunista (a Comintern ou III Internacional) de 1921 a 1933. En 1925 foi elixida presidenta da asociación Rote Hilfe (Axuda Vermella). En 1932, como presidenta do Reichstag ó se-lo membro de máis idade, fixo un chamamento para combate-lo nazismo.[7]

Cando Adolf Hitler tomou o poder, o Partido Comunista foi prohibido despois do incendio do Reichstag en 1933, polo que Zetkin viuse obrigada a se exiliar, desta vez á Unión Soviética, onde finou en Arkhangelskoie, preto de Moscova o 20 de xuño de 1933.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. González, B. F. (2012). Biografía de Clara Zetkin. Festa da palabra silenciada, (28), 6-11.
  2. Ruipérez, M. (1977). Clara Zetkin: Entre el feminismo y la revolución.
  3. A woman's place is in the revolution, socialistworker.org (en inglés).
  4. "Clara Zetkin, impulsora del Día Internacional de la Mujer". aboutespanol (en inglés). Consultado o 2022-07-05. 
  5. "Clara Zetkin y su lucha por los derechos de la mujer". Granma.cu (en castelán). Consultado o 2022-07-05. 
  6. Lênin e o Movimento Feminino, Arquivo Marxista en Internet (en portugués).
  7. Martínez, Josefina L. "1. Clara Zetkin, pionera del movimiento de mujeres socialistas". ctxt.es | Contexto y Acción (en castelán). Consultado o 2022-07-05.