Videoxogo en liña
Aparencia
Un xogo en liña é un xogo de ordenador que se xoga a través dunha rede, polo xeral Internet. Habitualmente, todo o que se require para xogar en liña é un navegador web e o plug-in apropiado.
Os xogos en liña comezaron nos anos 80 cos MUD. Estes xogos de texto xogábanse vía BBS ou módem. Eran xogos baseados con frecuencia na fantasía, con regras similares ás de Dragóns e alxubes. Existían outros estilos de xogos como o xadrez ou o scrabble. A conectividade era custosa polo que se recorría con frecuencia ós xogos por correo electrónico como unha modalidade popular de xogo en liña. Os primeiros xogos en liña comerciais comezaron a aparecer en 1991.