Soiuz 6
Soiuz 6 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 11 de outubro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 6 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 11 de outubro de 1969, 11:10 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 4,95 días[6] |
Obxectivo da misión | Voo en formación coas Soiuz 7 e Soiuz 8.[2][6] |
Regreso | 16 de outubro de 1969, 9:52 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1969-085A |
Masa | 6577,0 kg[2][5][6] |
Características
editarSoyuz 6, unha Soiuz modelo 7K-OK modificada cos cosmonautas Georgi Shonin e Valeri Kubasov a bordo, foi unha nave lanzada para voar en formación coas Soiuz 7 e Soiuz 8 no que sería o primeiro voo simultáneo de tres naves espaciais. Ademais, no módulo orbital levaba un forno para facer experimentos de soldadura no baleiro e microgravedade.[2][3][4][5]
As naves foron lanzadas secuencialmente e atopáronse no espazo, pero un problema na electrónica de todas elas debido a unha remesa de pezas defectuosas impediu o acoplamento entre as Soiuz 7 e 8, que ía ser gravado pola Soiuz 6. O forno a bordo da Soiuz 6 funcionou sen problemas e os experimentos de soldadura foron un éxito. A cápsula tripulada volveu a terra o 16 de outubro de 1969 ás 9:52 GMT.[2][3][4][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 6" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 6" (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 20 November 1969 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (69-31201). 15 de decembro de 1969: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 6" (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 6 (7K-OK, non docking, special)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 6" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.