Este usuario leva 12 anos, 6 meses e 5 días na Galipedia.
Deume por vir a este mundo hai xa algo máis dun cuarto de século e crecín, entre bloques de adifisios e parques enlamados, no barrio chungo dunha cidade chunga do sur de Galicia. Sempre tiven unha lingua nativa e outra adoptiva, e acabei quedando coa adoptiva por aquilo de que a pobriña estaba máis falta de mecos. Polo camiño fun aprendendo outros falares e habitando outros lugares, sen esquecer nunca, iso si, que un vén de onde vén.
Estou especialmente interesado en temas de lingüística, música e deportes, mais tamén me gusta traducir artigos de toda clase desde as linguas nas que me defendo.
Nestes momentos ando algo apartado da Galipedia mentres vivo unha pequena aventura no meu fogar do Extremo Oriente. Espero poder colaborar con asiduidade pronto.