Tom Clancy
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Thomas Leo Clancy, Jr. 12 de abril de 1947 Baltimore, Estados Unidos de América |
Morte | 1 de outubro de 2013 (66 anos) Baltimore, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Loyola University Maryland (en) Borden Grammar School (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, prosista, escritor de non ficción, novelista, guionista |
Período de actividade | 1982 - 2013 |
Partido político | Partido Republicano |
Xénero artístico | Thriller político |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Alexandra Marie Llewellyn (1999–2013) Wanda Thomas King (1969–1999) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | tomclancy.com |
Thomas L. Clancy, Jr, nado en Baltimore (Maryland) o 12 de abril de 1947 e finado na mesma cidade o 1 de outubro de 2013, foi un escritor estadounidense en lingua inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse en Filoloxía Inglesa na Universidade de Loyola en Baltimore, traballou en Maryland como axente de seguros. En 1984 publica a súa primeira novela: "A caza do submarino ruso". Aquel foi o primeiro libro no que se presenta a Jack Ryan como escritor da CIA. Ó longo das sete novelas da saga Ryan, Clancy presentanos máis personaxes e o propio Ryan acada o posto de Presidente dos Estados Unidos de América.
Presta o seu nome para as sagas Op-Center e Net-Force, nas que grupos de axentes americanos enfróntanse unha e outra vez a serias ameazas para o mundo libre. Asemade son numerosos os xogos da súa idea orixinal protagonizados polo grupo de operacións especiais Rainbow Six, co protagonista Sam Fischer, personaxe inspirada en John Clark, quen comparte aventuras con Jack Ryan e ata protagoniza as súas propias novelas (Rainbow Six).
Libros
[editar | editar a fonte]- The Hunt for Red October
- Red Storm Rising
- Patriot Games
- The Cardinal of the Kremlin
- Clear and Present Danger
- The Sum of All Fears
- Without Remorse
- Submarine (non ficción)
- Debt of Honor
- Armored Cav (non ficción)
- Fighter Wing (non ficción)
- Executive Orders
- Marine (nonficción)
- SSN
- Into the Storm with General Fred Franks (non ficción)
- Airborne (non ficción)
- Rainbow Six
- Carrier (non ficción)
- Every Man a Tiger with General Chuck Horner (non-ficción)
- The Bear and the Dragon
- Red Rabbit
- Teeth of the Tiger
- Battle Ready (non-ficción)