William Ewart Gladstone
William Ewart Gladstone, nado en Liverpool o 29 de decembro de 1809 e finado en Hawarden o 19 de maio de 1898, foi un político liberal británico. Primeiro foi membro da Cámara dos Comúns e despois ocupou varios cargos no goberno. Foi líder do Partido Liberal nos períodos de 1866-1875 e 1880-1894, e chegou a ser Primeiro Ministro do Reino Unido en catro ocasións: de 1868 a 1874, de 1880 a 1885, en 1886, e de 1892 a 1894.
Foi un dos estadistas máis célebres da época vitoriana, rival de Disraeli, e aínda está considerado un dos máis importantes primeiros ministros que tivo o Reino Unido;[1][2][3][4] Winston Churchill citábao como inspirador.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gladstone procedía dunha familia adiñeirada, o que lle permitiu educarse no Eton College e en Oxford. Os seus primeiros pasos na política deunos en 1832 como deputado do partido conservador, entón chamado Partido Tory, no goberno bipartidista durante a época vitoriana, mais anos máis tarde deixou de ser conservador para unirse ao liberalismo (Whig), situándose a favor do libre cambio e achegándose máis á Igrexa.
De 1843 a 1845 foi ministro de comercio, e de 1845 a 1846 ministro das Colonias durante o mandato de Robert Peel, o líder da ala liberal dos conservadores. Trala morte deste, chegou a ser ministro de facenda e aproveitou para impulsar a liberación do comercio exterior durante os gobernos de Aberdeen, de 1852 a 1855, e Palmerston, de 1859 a 1865. Ese ano foi determinante para a historia política británica, xa que trala morte de Palmerston se produciu un realiñamento de partidos, fusionándose o Tory e o Whig ao Partido Liberal, e sobre todo, polo definitivo paso de Gladstone como esquerdista, ao converterse no líder de devandito partido. En 1868 convirteuse en primeiro ministro, cargo que ocupou ata 1874. Dende 1880 a 1885 volveu encabezar o gabinete, repetindo en 1886 e dende 1892 a 1894. Entre os seus labores máis importantes destacou a reapertura do exército e das universidades, suprimindo prexuízos relixiosos e privilexios económicos. Tamén estendeu o sistema de oposicións para o acceso á función pública, formou o sistema educativo, e en 1872 introduciu o voto secreto.
A crise agrícola de finais do século XIX levouno a aceptar a adquisición forzosa de novos mercados, tendo que ir en contra das súas ideas contrarias ao imperialismo.[5] Isto foi o que provocou a ocupación de Exipto en 1882 e a entrada no Sudán en 1885.
Ditou as Leis da Terra (1870 e 1881) e a Lei de prevención de crimes de 1882 para reprimir a violencia nacionalista que colapsaba Irlanda, mais como isto non foi suficiente, impulsou o proxecto de lei Home Rule en 1886 que implicaba para este país un parlamento autónomo.[6] Este proxecto non foi aprobado polos liberais unionistas, que pasaron ao partido conservador liderados por Joseph Chamberlain. O autogoberno de Irlanda e a oposición ao imperialismo na política exterior provocaron que fose postergado nas seguintes eleccións. Dimitiu en 1894,[7] retirándose da política despois de que a Cámara dos lords vetase o seu último proxecto de Home Rule para Irlanda, aprobado nos Comúns. Foi sucedido por Lord Salisbury, que fora o seu rival dende a morte de Benjamin Disraeli.
En 1885 declinou a oferta dun condado que lle fixo a raíña.[8]
Gladstone faleceu o 19 de maio de 1898 en Hawarden Castle, Hawarden, aos 88 anos. Foi coidado pola súa filla Helen que renunciara ao seu traballo para ocuparse do seu pai e da súa nai.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harrison, J.F.C. (2013). Late Victorian Britain 1875–1901. p. 31. ISBN 978-1136116445.
- ↑ Aldous, Richard (2007). The Lion and the Unicorn: Gladstone Vs Disraeli. p. 4. ISBN 978-0393065701.
- ↑ Brighton, Paul (2016). Original Spin: Downing Street and the Press in Victorian Britain. I.B.Tauris. p. 193. ISBN 978-1780760599.
- ↑ Grey, Paul; et al. (2016). Challenge and Transformation: Britain, c. 1851–1964. Cambridge UP. p. 2. ISBN 978-1107572966.
- ↑ Paul Hayes, Modern British Foreign Policy: The Twentieth Century: 1880–1939 (1978) páx. 1
- ↑ Webster Hollis, Daniel (2001). The History of Ireland. Greenwood. p. 105. ISBN 978-0313312816.
- ↑ Magnus, páx. 423.
- ↑ Brook Miller, "Our Abdiel: The British Press and the Lionization of 'Chinese' Gordon." Nineteenth-Century Prose 32.2 (2005): 127+ online Arquivado 15 de maio de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Sheila Fletcher, ‘Gladstone, Helen (1849–1925)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004; edición en liña, maio de 2006 consultado o 10 de marzo de 2017
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Ewart Gladstone |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bebbington, D.W. William Ewart Gladstone (1993).
- Biagini, Eugenio F. Gladstone (2000).
- Brand, Eric. William Gladstone (1986) ISBN 0877545286.
- Feuchtwanger, E.J. Gladstone (1975). 272 pp.
- Feuchtwanger, E.J. "Gladstone and the Rise and Fall of Victorian Liberalism" History Review (Dec 1996) v. 26 online Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine.; also online
- Jagger, Peter J., ed. Gladstone (2007), 256 pp.
- Jenkins, Roy. Gladstone: A Biography (2002)
- Magnus, Philip M. Gladstone: A biography (1954)
- Matthew, H.C.G. "Gladstone, William Ewart (1809–1898)", Oxford Dictionary of National Biography, (2004; edición en liña, maio de 2006.
- Matthew, H.C.G. Gladstone, 1809–1874 (1988); Gladstone, 1875–1898 (1995) online complete Arquivado 28 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Morley, John (1903). The Life of William Ewart Gladstone. Londres e Nova York: Macmillan and CO. Limited and The Macmillan Company. volume I; volume II, volume III vía Internet Archive.
- Partridge, M. Gladstone (2003)
- Reid, Sir Wemyss, ed. (1899). The Life of William Ewart Gladstone. Londres, París, Nova York e Melbourne: Cassell and Company. Limited. Consultado o 13 de outubro de 2017..
- Russell, George W.E (1891). The Right Honourable William Ewart Gladstone. Londres: Sampson, Low, Marston & Company. Consultado o 13 de outubro de 2017 – vía Internet Archive..
- Russell, Michael. Gladstone: A Bicentenary Portrait (2009). ISBN 978-0859553179
- Shannon, Richard. Gladstone: Peel's Inheritor, 1809–1865 (1985), ISBN 0807815918; Gladstone: Heroic Minister, 1865–1898 (1999), ISBN 0807824860, a scholarly biography vol 1 online
- Shut, M.L. (2008). "Gladstone, William Ewart (1809–1898)". En Hamowy, Ronald. The Encyclopedia of Libertarianism. The Encyclopedia of Libertarianism. SAGE. pp. 206–07. ISBN 978-1412965804. doi:10.4135/9781412965811.n123.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mr. Gladstone Arquivado 25 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (character sketch by W.T. Stead, en Review of Reviews, 1892).
- More about William Ewart Gladstone en páxina web de Downing Street.
- William Ewart Gladstone 1809–98, biografía de Liberal Democrat History Group.
- BBC Radio – Programme Two contains a recording of Gladstone's voice.