Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Período de votación: 2/9/2017 - 2/10/2017
SI: 6 — NON: 2 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: Aprobada |
Novo texto proposto. Proposta de actualización da redacción de Wikipedia:O que a Wikipedia non é, con diversas correccións e ampliacións tiradas e adaptadas dende a wiki inglesa. Modifiquei lixeiramente algúns dos puntos para clarificalos mellor, engadin unha sección nova "A Wikipedia non é un xornal" adaptada do texto inglés, máis detallada nese aspecto, e fixen algunhas outras correccións e cambios menores en todo o texto. Sen que o cambio sexa unha modificación radical do texto orixinal que xa tiñamos adaptado, considero que os cambios propostos son o bastante abondosos como para que sexa necesario unha revisión xeral por parte da comunidade para asegurar que existe consenso na súa redacción final. ☣Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:39 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:39 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 2 de setembro de 2017 ás 13:21 (UTC)[responder]
- Concordo Shgür Datsügen (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 05:51 (UTC)[responder]
- Concordo --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2017 ás 22:26 (UTC)[responder]
- Concordo --Chairego apc (conversa) 7 de setembro de 2017 ás 20:10 (UTC)[responder]
- Concordo --maghoi (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 17:22 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo.--Agremon(contacto) 2 de setembro de 2017 ás 12:47 (UTC)[responder]
- Discordo. Políticas e máis políticas, concordo co expresado por Agremon, non me gusta este tipo de políticas en negativo, empeñarnos en dicir "non fagas isto", "non fagas o outro", atando en definitiva. Por que non chamarlle "o que é a Galipedia"? Por que non facer políticas deste tipo en positivo? Ou por que non deixar de facer este tipo de políticas? Hai cousas, amais diso coas que discordo: a Galipedia non é unha rede social... por que non? que problema hai por que alguén empregue isto para coñecer xente ao mesmo tempo que amplía ou comparte os seus coñecementos?; crear un "ambiente profesional", non podo estar máis en contra, isto non é profesional, isto é voluntariado e non se pode esixir como se fora profesional, porque cada quen colabora no que boamente pode, por outra banda, o ambiente profesional que tan bo se vende aquí demasiadas veces crea unha competitividade entre compañeir@s que dende o meu punto de vista é totalmente nociva para o voluntariado. Dende logo tampouco concordo co que se di das páxinas de usuari@, penso que cada quen debe ter dereito a empregar o seu espazo persoal para o que lle veña en gana, estea ou non relacionado co traballo na Wikipedia, se alguén quere facer unha presentación persoal e mesmo poñer unha foto súa non creo que sexa nada criticable, censurable, e moito menos nocivo para o proxecto. En calquera caso, sigo pensando que camiñamos cara unha perigosa saturación de políticas, algo que lonxe de facilitar a participación de nov@s usuari@s pon máis portas ao campo e dificulta o seu traballo, a súa experimentación, e mesmo a súa creatividade. Unha vez escoitei a alguén (non lembro quen era, pero lembro o discurso, que estaba moi ben) dicir algo así: "Canto máis manda alguén, menos normas necesita. Deus só puxo 10 normas básicas", tomemos exemplo del. Piquito (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 20:14 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro Non me sinto capaz de opinar sobre isto. --XoioÉche o que hai 2 de setembro de 2017 ás 13:11 (UTC)[responder]
Comentarios
[editar a fonte]- A máis de que non vexa ben algunhas das propostas internas, é un documento en negativo, unha burocracia máis nun momento onde coido que xa hai de máis (e cunha redacción que inclúe que a wikipedia non é unha burocracia), unha repetición de cousas xa expostas de xeito máis disperso...--Agremon(contacto) 2 de setembro de 2017 ás 12:47 (UTC)[responder]
- Esquecíame: non estaría de máis retirar o artigo tal como está agora.--Agremon(contacto) 2 de setembro de 2017 ás 12:50 (UTC)[responder]
- Se retiras un dos piares cáese o edificio. ☣Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 12:54 (UTC)[responder]
- O único piar en negativo é que non hai reglas fixas...--Agremon(contacto) 5 de setembro de 2017 ás 21:51 (UTC)[responder]
- Se retiras un dos piares cáese o edificio. ☣Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 12:54 (UTC)[responder]
Paréceme excesivo e difícil de ler e de entender. ¿É necesario dicir que a wikipedia non é un servizo de citas? (ó final vense dicir que todo o anterior está aí porque alguén o incumpriu algunha vez, ¿pode ser certo?) ¿É necesario dicir que a wikipedia non é unha anarquía? Estou convensido de que non, e así podería dar máis exemplos de puntos ou parágrafos innecesarios. Tamén hai outros puntos discutibles ¿catálogo de ventas?) pero cómpre unha lectura máis demorada antes de concordar ou rexeitar. En realidade, non sei se esta nova redacción é necesaria e enriquece realmente a que hoxe está vixente. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de setembro de 2017 ás 21:45 (UTC)[responder]
- De momento, poden non ser directrices tan necesarias como iso, pero hai persoas capaces de todo, e nunca se sabe se e cando esquemas como aquel que é un dos máis graves e escabrosos casos de corrupción, formación de conluio, cambio de favores e meatpuppetry da historia da Wikipédia lusófona, algunha vez pode ou non ser traído para a Galipedia. Non se sabe se algunha vez pode ou non xurdir un caso tan grave como o que atormenta a comunidade lusófona hai xa varios anos. Na época en que o esquema Q foi desvelado o problema era inmenso, hoxe alcanzou proporcións nunca antes vistas actuando nas máis variadas frontes e con recurso a proxys e VPNs. Asegúrese de que este tipo de políticas claras e transparentes son moi útiles en proxectos como o da Wikipedia lusófona, que está sufocado por complexos esquemas de socks e meatpuppets que actúan en tag team para transgredir as políticas e as recomendacións do proxecto en seu propio beneficio, principalmente en votacions, pero tamén nas decisións por consenso. Non vos quero ocupar con esta cuestión moi complicada e problemática, só mencionen iso para xustificar o meu voto. Saúdos, # Concordo (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 05:52 (UTC)[responder]
Levo aquí pouco tempo e algo que valoro bastante é a boa comunicación entre a comunidade. O texto é moi amplo e supoño que cada vez irá a máis segundo o proxecto medre, como espero. Así e todo, desexaría que os erros (eu os teño) e os debates ou discordancias se manteñan dentro dun límite. Por sorte, ao sermos humildes, coido que libramos bastante do continuo vandalismo da wiki española e non coñezo nada do que dixo Shgür Datsügen da wiki lusa. A min interésame o proxecto e quero, modestamente, que siga habendo debates, mesmo apaixoados (como sobre o tema do xénero nas categorías), pero dentro da corrección. Saúdos.--maghoi (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 17:22 (UTC)[responder]