Proxecto P-9
O Proxecto P-9 (inglés: P-9 Project) foi o nome en código que recibiu o programa de produción de auga pesada do Proxecto Manhattan durante a segunda guerra mundial. A planta Cominco en Trail, Columbia Británica, actualizouse para producir auga pesada, mentres que DuPont construíu tres plantas nos Estados Unidos: en Morgantown Ordnance Works preto de Morgantown, Virxinia Occidental; en Wabash River Ordnance Works preto de Dana e Newport, Indiana; e en Alabama Ordnance Works preto de Childersburg e Sylacauga, Alabama. As plantas estadounidenses operaron dende 1943 ata 1945, mentres que a planta canadense de Trail continuou operando ata 1956. Construíronse tres reactores nucleares que usaban a auga pesada deste proxecto: o Chicago Pile 3 en Argonne, e o ZEEP e o NRX nos Laboratorios Chalk River do Canadá.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hewlett, Richard G.; Anderson, Oscar E. (1962). The New World, 1939–1946 (PDF). University Park: Pennsylvania State University Press. ISBN 0-520-07186-7. OCLC 637004643.
- Hewlett, Richard G.; Duncan, Francis (1969). Atomic Shield, 1947–1952. A History of the United States Atomic Energy Commission. University Park: Pennsylvania State University Press. ISBN 0-520-07187-5. OCLC 3717478.
- Jones, Vincent (1985). Manhattan: The Army and the Atomic Bomb (PDF). Washington, D.C.: United States Army Center of Military History. OCLC 10913875. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2017.
- Manhattan District (1947). The P-9 Project (PDF). Washington, DC: United States Department of Energy.
- Waltham, Chris (20 de xuño de 2002). An Early History of Heavy Water (PDF). Department of Physics and Astronomy, University of British Columbia.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |