Suabia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Lingua suaba | ||||
Suabia (en alemán, Schwaben) é unha rexión histórica repartida entre Baden-Württemberg e Baviera en Alemaña, chámaselle tamén así a unha das sete rexións administrativas do Estado libre de Baviera coa capital: Augsburgo.
A palabra Schwaben en alemán usase tamén para o xentilicio de Suabia, é dicir, a mesma palabra ten 3 significados, a rexión histórica, a rexión administrativa bávara e o xentilicio. Para definir á zona onde se fala o suabo adóitase usar a palabra Schwabenland. Ao suabo, ou sexa, á fala suaba chámanlle Schwäbisch.
Historia
[editar | editar a fonte]Suabia deriva de SVEVI, os suevos, así denominaron Xulio César e os romanos a grupos de xentes que, tras cruzar o río Rin ao mando de Ariovisto invadiron a varias tribos celtas en Galia, derrotándoos na batalla de Magetobriga no -73, en latín Admagetobriga, hoxe La-Moigte-de-Broie xunto Pontarlier en Francia preto da fronteira con Suíza.
As tribos celtas solicitaron axuda romana a consecuencia da ocupación, o que levou a Xulio César a loitar na batalla Dos Vosgos na Alsacia actual e, na cal venceu ás xentes comandadas por Ariovisto no -58.
Os romanos chamábanlle MARE SVEVICVM ao mar Báltico na mesma época que se produciu o primeiro enfrontamento cos suevos na actual Alsacia, o que indica que esas xentes movíanse entón xa por todo o territorio que agora coñecemos como Alemaña, cousa que ao parecer, non cambiou. Xulio César citou repetidas veces no seu libro De Bello Gallico que Ariovisto era o rei dos xermanos. Cando se refería a el sen nomear as súas competencias, entón describiuno como suevo.
Nó suevo e tribos suevas segundo Tácito
[editar | editar a fonte]O senador Publio Cornelio Tácito escribiu no parágrafo 38 en DE ORIGINE ET SITV GERMANORVM:
NVNC DE SVEVIS DICENDVM EST, QVORVM NON VNA, VT CHATTORVM TENCTERORVMVE, GENS; MAIOREM ENIM GERMANIAE PARTEM OBTINENT. Agora dicindo dos suevos, non son unidade como as xentes dos chatti e tencteri, isto, obteñen maior parte de Xermania.
Tácito reforza o que escribiu César un século antes e ata precisa que os suevos son moitas tribos con nome propio cada unha, aínda chamándose despois suevos. Ata describe como se peiteaban para distinguirse, co nó suevo. Eran admirados por todos os xermanos e os mozos, os non suevos tamén, copiábano.
O senador considerou que os semnones eran os máis nobres, antigos e numerosos, ademais que eles mesmos se crían os suevos principais. Anotou que os longobardos eran famosos por ser poucos rodeados por tribos maiores, pero tamén o eran tanto por ser atrevidos e valentes. Despois menciona aos reudignos, aviones, anglos, varinos, eudoses, suardones e nuitones, apuntando que todos eles adoraban a Nerthus, a nai terra. Prosegue conque non todos os suevos eran hostís cos romanos e escribiu que os hermunduros eran moi fieis a Roma, e seguiu; mentres aos demais enfrontámolos coas armas, a estes abrímoslles as portas deixándolles negociar en Recia. Continua relatando dos naristos, marcomanos e cuados. Matiza que os marcomanos teñen fama pola súa forza e, que os naristos e cuados non desentoan nese mesmo sentido. Vai completando o seu alistamento de tribos suevas cos marsignos, buros e luguios; destes últimos engade que son varias tribos, ou sexa un conxunto dentro doutro, para simplificar, conxunto luguio dentro do suevo. Dos luguios describe varias tribos e deixa claro que só apunta as máis relevantes: Harios, helvecones, manimos, helisios e naharvalos. Acaba a lista situando aos godos tras os luguios, logo dos godos pon a ruguios e lemovios que habitan as costas todos eles, como últimos cita aos suiones e sitones máis aló do mar. Segundo el, alí acaba Suevia, na fin do mundo.
De suevos a alemáns
[editar | editar a fonte]Os exércitos romanos mentres imperaba Vespasiano ocuparon entre mediado e finais do primeiro século o territorio que chamaron Agri Decumates, na fronteira cos suevos construíronse estradas, levantáronse fortificacións e murallas, ás cales chamaban o Limes, en galego literalmente límite. Nesa paisaxe que despois chegou a ser a rexión histórica de Suabia, asentaron a unha poboación celto-romana que se encargaba de traballar as terras e a defender os devanditos límites; Tácito relátao no parágrafo 29 dos seus escritos Xermania. A zona estaba repartida entre as provincias romanas Xermania Superior e Recia. A poboación celto-romana conviviu moi pronto cos seus veciños suevos, para sermos exactos, cos hermunduros ao principio e logo tamén con outros. Por lóxica pódese afirmar que nesa época vivía en Xermania Superior e Recia un conglomerado suevo-celto-romano, á parte doutras mesturas minoritarias.
Os romanos do terceiro século empezaron a chamar alamanni, os alamáns, á xente que habitaba os Agri Decumates e as súas contornas próximas. A falta dun documento histórico que relatase un posible abandono completo da zona por parte da poboación suevo-celto-romana, pódese deducir que as xentes ás que os romanos chamaban alamanni eran os descendentes de devandita poboación suevo-celto-romana con algunhas mesturas engadidas por outras novas xentes que chegaron despois, como é o caso dos burgundios e vándalos entre outros; a estes dous últimos Plinio o Vello non os separaba, para el os burgundios eran unha tribo vándala veciña dos semnones polo leste, veciños aos luguios polo norte e veciños dos godos polo sur, os cales colocaríaos como a tribo vándala máis occidental, o que probablemente sexa a razón pola cal Tácito só nomeou nos seus escritos aos vándalos.
Todo isto non contradí que parte deles vivisen antes en Burgundarholm, en galego "illa dos burgundios", hoxe Bornholm en Dinamarca, senón todo o contrario, reforza como moitos outros casos que ían cambiando conforme emigraban cara ao sur. Polos mesmos motivos podemos atopar hoxe nomes toponímicos godos en todo o sur de Suecia, nesas lareiras situaba Tácito aos suiones, o que nos indica que eran os mesmos antes de separarse, tamén con illa incluída, Gotland. E sendo os burgundios uns dos candidatos a ser os semnones, tamén sería outra das explicacións de que Tácito non os citou con outro nome a pesar de ter o coñecemento do que escribise Plinio.
A palabra Burgundarholm do noruegués antigo en si está composta por tres palabras; Burg, undar e holm, castelo, baixo e illa. Pode indicar perfectamente a; illa baixo dominio do castelo ou castelo baixo o dominio da illa se cambiamos a orde. Outra posibilidade moi lóxica sería; Castelo na illa de abaixo, esta variante parece ser a máis evidente, xa que describe, ao castelo, á illa e a súa situación xeográfica desde o punto de vista dos que a nomeaban. Hai unha cuarta posibilidade máis mística, e é que en noruegués a palabra under é sinónimo para milagre, esta sería quizais a variante que máis se arrima ao relixioso e, nese caso sería; Castelo da illa milagrosa. En suabo milagre é Wunder, como en alemán estándar, sacándolle a uve dobre aínda se ve a palabra que leva dentro, tamén aínda se ve na palabra inglesa wonder, se lle aplicamos o mesmo. Para dar un pouco espectáculo ao artigo, illa de castelos (moi afastada xeograficamente e temporalmente de Burgos en España). Iso podería ser unha posible aclaración pola cal chamábanselle burgundios moito antes de chegar a vixiar nos burgi, os castelos romanos no Rhin. Os alamáns tiveron conflitos cos romanos e ás veces eran federados que protexían as fronteiras coma os seus devanceiros, por exemplo as súas incursións ao mando do rei Chrocus, Croco, ás Gallias no ano 268 están descritas por Gregorio de Tours (Historia Francorum, lib. I, 32-34). É tamén importante o darse conta de que todo iso é un comportamento parecido ao de Ariovisto tres séculos antes. No ano 278 os romanos baixo o dominio do emperador Probo derrotan a un exército vándalo co seu rei Iguilo xunto Augsburgo e, os burgundios que viñeron en conxunto a eles quedaron rexistrados polos romanos a primeira vez sobre o territorio que despois chegaría a denominarse Suabia. Queda claro que máis tarde de se lle chamar antes ao mesmo territorio Alamannia. Así se comportaban os pobos nas paisaxes transitorias entre xermanos e romanos, o que hoxe era amigo, mañá era inimigo. A medida que pasaban os anos chegaban máis, a maioría das veces por petición romana, pois para arranxar os conflitos e os desaguisados nos límites, algúns rexentes incompetentes usaban unidades auxiliares doutros pobos, algúns moi afastados, é o caso dos hunos, alanos e algúns que outros máis. Os alanos viñan do Cáucaso e os hunos viñan de detrás dos Urais. Aos mercenarios pagábanlles con diñeiro, pero cando as arcas estaban esgotadas, prometíanselles terreos e cidadanía romana, e senón pactábanse saqueos con botín compartido en sitios conflitivos dentro do imperio; en casos o botín non era compartido, pero o gobernante de quenda miraba para outro lado deixando que os foráneos establecesen a orde onde houbera propios fracasos, provocando dese xeito o efecto chamada. Noutros casos casaban xermanos con romanas para poder acceder á cidadanía; tendo enlaces romanos tamén lles era máis fácil ascender politicamente, como foi na familia do vándalo-romano Estilicón. Para entender o acontecido nunha e outra parte dos límites convén tamén estudar a historia do priscilianismo, pois ao que moitos chaman historicamente invasión bárbara, baixo un punto de vista máis crítico, poderíase converter facilmente nunha invasión de axuda ou emigración calculada por parte dos que exercían o poder e os seus opostos. E quede escrito aquí, que os bárbaros de entón non eran tan bárbaros, moitos deles estaban romanizados ata a medula desde moitas xeracións, e iso xa viña de tempos remotos, véxase a historia de Arminio, ou o mesmo Ariovisto que tampouco carecía de cultura. Unha cousa si que é segura, o modo de vida de burgundios, alamáns, vándalos e alanos, estaba moito máis acorde co priscilianismo que cos ditames contrarios. A Suabia actual naqueles momentos era o ollo do furacán dos pobos, o buraco negro euroasiático onde nacían e morrían ao seu redor personaxes moi ilustres, as xentes chegaban de todas as partes de Europa, Asia e África para seren os brazos das devanditas tormentas humanas, case interminables.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Selo „UNESCO-Patrimonio da Humanidade Limes“ do correo alemán (Deutsche Post) 2007.
-
Torre de vixilancia reconstruída xunto Rheinbrohl, ese aspecto puideron ter tamén naquela época as torres do límite en Suabia.
-
Castelo romano reconstruído; Kastell Saalburg preto Bad Homburg.
-
Mapa dos límites en Xermania Superior e Recia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Suabia |