Soiuz TM-11
Soiuz TM-11 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TM-11. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 2 de decembro de 1990, 8:13 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 175,08 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 26 de maio de 1991, 10:03 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1990-107A |
Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-11 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 2 de decembro de 1990 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TM-11, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Viktor Afanasiev, Toyohiro Akiyama (un xornalista xaponés) e Musa Manarov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir e facer experimentos científicos e manter a estación. Akiyama é considerado o primeiro pasaxeiro comercial ao espazo, ao pagar a compañía para a que traballaba, TBS, 28 millóns de dólares polo seu voo ata a Mir. Akiyama volveu a terra na Soiuz TM-10 e durante a súa estancia na Mir fixo varias retransmisións televesivas e radiofónicas.[2][3][4][5]
Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-7, que estivo a punto de causar un accidente coa estación, e da Soiuz TM-12.[2][3][4][5]
Afanasyev e Manarov, xunto con Helen Sharman (chegada a bordo da Mir na Soiuz TM-12), regresaron o 26 de maio de 1991 ás 10:03 GMT.[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 11" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 11" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 27 February 1991 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-07268). 4 de marzo de 1991: 3. Consultado o 14 de novembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-11" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-11" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017.