[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Soiuz 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 3
Selo da Soiuz 3.
TipoTripulada
Data de lanzamento26 de outubro de 1968, 8:34 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión3,95 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Soiuz 2.[2][5]
Regreso30 de outubro de 1968, 7:25 GMT[1][5]
NSSDC ID1968-094A
Masa6000,0 kg[2][4][5]

Soiuz 3 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 26 de outubro de 1968 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz 3, unha Soiuz modelo 7K-OK co cosmonauta Georgi Beregovoi a bordo, foi lanzada para acoplarse coa Soiuz 2, non tripulada e lanzada unhas horas antes. A misión foi planeada para gañar práctica nas citas e acoplamentos espaciais. Beregovoy non conseguiu acoplarse coa Soiuz 2 debido á súa insistencia en usar os controis manuais e saltarse os sistemas automáticos, gastando a maior parte do propelente adicado a manobras no seu primeiro intento de acoplamento. O resto da misión adicouse a facer diferentes probas coa cápsula, así como experimentos dirixidos á observación astronómica e á observación terrestre.[2][3][4]

A Soiuz 3 volveu a terra o 30 de outubro de 1968 ás 7:25 GMT.[2][3][4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 3" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 3" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 29 November 1968 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (68-30916). 20 de decembro de 1968: 2. Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soiuz 1, 3, 4 (7K-OK, active)" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2017). "Soiuz 3" (en inglés). Consultado o 8 de setembro de 2017.