[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Novembro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Novembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
2024
Todos os días
Novembro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV.

Novembro ou san Martiño[1] é o undécimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome deriva de ter sido o noveno mes do calendario romano.

En Galicia recibe diferentes denominacións populares: Mes santo, Mes de Santos, Mes morto, Mes dos mortos ou San Martiño.

Acontecementos en novembro

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]
  • Normalmente é cando se realiza a mata ou matanza dos porcos nas aldeas, contra o día de san Martiño.
  • Aínda se fan magostos.

Refraneiro

[editar | editar a fonte]
  • Por santo André, toma o porco polo pé [3]
  • Por santa Erea, toma os bois e semea; por san Martiño, nin fabas nin liño [4]
  • Santos e natal, inverno carnal.
  1. "San Martiño". Real Academia Galega. Consultado o 31 de outubro de 2016. 
  2. "Día Mundial do Enoturismo". Día Mundial del Enoturismo y actividades en bodegas (en castelán). Consultado o 2023-06-30. 
  3. Santo André, 30 de novembro.
  4. Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; san Martiño, 11 de novembro.