[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Motörhead

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Motörhead
Motörhead en concerto en 2005
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1975 - 2015
Xénero(s)speed metal, heavy metal,hard rock
Selo(s) discográfico(s)Sanctuary, SPV, Epic, GWR, Bronze
MembrosIan "Lemmy" Kilmister
Phil Campbell
Mikkey Dee
Na rede
http://www.imotorhead.com/
IMDB: nm4196666 Facebook: OfficialMotorhead Twitter: myMotorhead Instagram: officialmotorhead MySpace: motorhead Youtube: UCbPCDmtTU-W4SdA8abZtWpA TikTok: motorhead_official Souncloud: motorhead-official Spotify: 1DFr97A9HnbV3SKTJFu62M iTunes: 539605 Last fm: Motörhead Musicbrainz: 57961a97-3796-4bf7-9f02-a985a8979ae9 Songkick: 174854 Discogs: 233658 Allmusic: mn0000501407 Deezer: 2996 Genius: Motorhead Editar o valor en Wikidata

Motörhead foi un grupo musical de heavy metal/hard rock formado polo baixista e vocalista Lemmy Kilmister. Normalmente denominada como un power trio, Motörhead nos anos 1980 tivo un gran éxito con moitos singles nos UK Top 40 chart. Os álbums Overkill, Bomber, Ace of Spades, e particularmente Non Sleep 'til Hammersmith, dan a Motörhead a reputación dunha das mellores bandas de Heavy Metal Británico.[1]

Influente grupo comunmente clasificado como rock and roll ou heavy metal (e, a miúdo, considerado como unha referencia fundamental nos dous últimos estilos)[2], Kilmister rexeitou a última etiqueta preferindo describir o estilo de Motörhead como "rock and roll"[3]. Entre os seus temas máis coñecidos están "Ace of Spades", que se refire á vida dun xogador de cartas que prefire levar unha vida intensa a unha tranquila e aburrida, "Overkill", "Orgasmatron", "Born to Raise Hell" ou "Bite the Bullet". Motörhead foi referente do metal desde a súa aparición hai máis de 30 anos, influenciando a bandas como Metallica ou Sepultura quen declararon publicamente a súa admiración por este trío.

Durante agosto de 2005, cando celebraban os seus 30 anos de carreira artística lanzouse un documental titulado Live Fast, Die Old, o cal evidenciaba a historia desta banda, e no 2006 foi lanzado a través do selo Sanctuary Records, Kiss of Death, sucesor de Inferno (2004), o álbum que contén 12 temas inéditos e mantén a esencia da banda durante a súa traxectoria musical, conservando ata as letras entretidas coas que creceu 3 xeracións de Heavy Metal.

O 29 de decembro de 2015, Lemmy Kilmister faleceu nos Ánxeles (California), aos 70 anos de idade[4], e trala súa morte a banda disolveuse.

Formación e comezos

[editar | editar a fonte]

Logo de ser despedido de Hawkwind en 1975, supostamente por estar drogándose en exceso. Lemmy decide formar a súa propia banda á que chamou "Bastard". Doug Smith, o representante da banda advertiulle que era moi pouco probable poder conseguir un posto en Top of the Pops co nome de 'Bastard'. Entón finalmente Lemmy nun acordo coa banda decide chamala "Motörhead", inspirado no nome da última canción que escribiu para Hawkwind.O nome da canción "Motorhead" provén da xerga inglesa para denominar a un consumidor de anfetaminas.

A primeira formación da banda estaba formada por Larry Wallis (ex-Pink Fairies) coa guitarra e Lucas Fox en batería. O seu primeiro concerto foi en The Roundhouse, en Londres o 20 de xullo de 1975. O 19 de outubro, despois xa de tocar en dez concertos, seguiron como abreconcertos de Blue Öyster Cult en Hammersmith Odeon. O 7 de novembro de 1976 volven tocar en The Roundhouse pero esta vez xunto a Pink Fairies e o 24 de abril xunto a The Damned e The Adverts. Baixo o contrato ca discográfica United Artists gravaron nalgunhas sesións en Rockfield Studios en Monmouth. Durante a xira, Lucas Fox foi substituído polo batería Phil "Philthy Animal" Taylor. En 1979 cando a banda xa comezaba a notar un certo grao de éxito, a discográfica non estivo satisfeita co material gravado e só se lanzou o álbum On Parole e o sinxelo "Leaving Here"[5].

En conxunto coa banda decídese que se necesitaba dous guitarristas, polo que se recruta a "Fast" Eddie Clarke, pero Wallis retírase da banda durante as audicións, polo que a idea elimínase. O power trio composto por Lemmy, Clarke e Taylor é ata a data recordado como a formación "clásica" de Motörhead.

As reaccións iniciais do público cara á banda foron desfavorables; un exemplo diso é o premio que gañaron a "A peor banda do mundo" na revista NME[6]. En abril de 1977 Phil e Eddie logo de varias discusións, deciden dar un concerto de despedida no Marquee Club en Londres. Lemmy comunícase con Ted Carroll de Chiswick Records e pídelle se pode levar un móbil ao concerto para poder gravar o concerto para a posteridade. Carroll non leva o móbil a Marquee Club, pero apareceulles entre os bastidores despois do concerto e ofreceulles dous días en Escape Studios para gravar un single. A banda acepta pero en lugar de facer só un single, crean 11 novas pistas inconclusas. Carrol dálles uns días máis para terminar e gravar un álbum e termínase a gravación do álbum con 13 pistas. En xuño dan un concerto en Hawkwind e en xullo comezan a xira 'Beyond the Threshold of Pain'.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Data de lanzamento Título Selo Ranking de vendas
21 de agosto de 1977 Motörhead Chiswick Records
24 de marzo de 1979 Overkill Bronze Records #24 (UK)
7 de xullo de 1979 Bomber Bronze Records #12 (UK)
8 de novembro de 1980 Ace of Spades Bronze Records #4 (UK)
17 de abril de 1982 Iron Fist Bronze Records #6 (UK)
4 de xuño de 1983 Another Perfect Day Bronze Records #20 (UK)
15 de setembro de 1984 No Remorse Bronze Records
9 de agosto de 1986 Orgasmatron GWR # 21 (UK)
5 de setembro de 1987 Rock 'n' Roll GWR # 34(UK)
26 de febreiro de 1991 1916 WTG # 24 (UK)
14 de agosto de 1992 March or Die Epic
29 de novembro de 1993 Bastards ZYX
11 de xullo de 1995 Sacrifice CMC
15 de outubro de 1996 Overnight Sensation CMC
10 marzo de 1998 Snake Bite Love CMC
16 maio de 2000 We Are Motörhead CMC
9 abril de 2002 Hammered Sanctuary Records
22 xuño 2004 Inferno SPV #95 (UK)
29 agosto de 2006 Kiss of Death SPV #45 (UK)
2008 Motörizer SPV
2010 The Wörld Is Yours Motörhead Music
2013 Aftershock Motörhead Music
2015 Bad Magic Motörhead Music

Álbums en directo

[editar | editar a fonte]
Data de lanzamento Título Selo Ranking de vendas
27 de xuño de 1981 No Sleep 'til Hammersmith Bronze Records #1 (UK)
15 de outubro de 1988 No Sleep at All GWR
9 de marzo de 1999 Everything Louder Than Everyone ELse SPV
9 de decembro de 2003 Live at Brixton Academy SPV
  • 25 Alive & Boneshaker (2001)
  • The Best of Motörhead (2002)
  • Special Edition EP (2003)
  • The Birthday Party (2003)
  • Everything Louder Than Everything Else (2004)
  • Ace of Spades - Classic Albums (2005)
  • Stage Fright (2005)

Videos musicais

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. "LosingToday reviews osingToday Magazine's review of BBC Live & In-Session". Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2007. 
  2. "Motorhead" por Stephen Thomas Erlewine; último acceso 20 de outubro, 2007
  3. "An Interview with Lemmy Kilmister". Classic Rock Revisited article. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 2007-04-04. 
  4. "Muere Lemmy Kilmister, líder de Motörhead". La Vanguardia (en castelán). 29-12-2015. Consultado o 29-12-2015. 
  5. Burridge, Alan (1991). "Motorhead". Record Collector: 16–22. 
  6. Motorhead Roll On Arquivado 10 de abril de 2008 en Wayback Machine.. artigo de Rolling Stone