[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua franca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lingua franca é unha expresión latina para lingua de contacto ou lingua de relación resultante do contacto e comunicación entre grupos ou membros de grupos lingüisticamente distinguidos para o comercio internacional e outras interaccións máis extensas.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

No Imperio Romano e no milenio seguinte a lingua franca foi a lingua grega no oriente e o latín no occidente.

O portugués serviu de lingua franca na África e Asia os séculos XV e XVI. Cando os portugueses comezaron a explotar os mares da África, América, Asia e Oceanía, tentaron comunicarse cos nativos mesturando unha versión da lingua franca, influenciada pola portugués coas linguas locais. Cando navíos da ingleses e franceses chegaron para competir cos portugueses, a tripulación tentou aprender ese "Portugués truncado". A través de sucesivas mudanzas ao longo do tempo, a lingua franca, xunto co vocabulario portugués, foi substituída pola lingua dos pobos en cuestión.

O idioma francés serviu de lingua franca axiña, sendo a lingua da diplomacia na Europa a partir do século XVII; aínda é a lingua de traballo de institucións internacionais, usada en documentos varios, desde pasaportes até formularios do correo aéreo.

Na maior parte da Asia, África e partes da Oceanía e Europa o árabe foi lingua franca desde o século VII, sendo utilizado desde as Filipinas até o Senegal.

O alemán serviu de lingua franca en gran parte da Europa durante os séculos XIX e XX, especialmente en negocios.

O inglés é a lingua franca actual no mundo dos negocios internacionais no occidente e na diplomacia.

Noutras rexións do mundo, outras linguas teñen o papel de lingua franca: KiSwahili na África oriental, ruso nas rexións da antiga Unión Soviética, hindi (xunto co inglés) na India, urdú no Paquistán (tamén xunto co inglés), malaio no sueste asiático, bislama nas illas do Pacífico, o árabe (falado por 1.000 millóns de persoas ao redor do mundo e moi utilizado aínda no comercio) e varias linguas crioulas noutros lugares e épocas.

O Chinés mandarín tamén ten a función de prover unha lingua falada común entre os chineses que falan diversos dialectos inintelixíbeis entre si.

O xaponés é a lingua franca do Xapón, usada no cotián e na tecnoloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]