Idea
Unha idea (do grego είδον eidon: 'eu vin') é unha imaxe que existe ou se forma na mente. A capacidade humana de contemplar ideas está asociada á capacidade de raciocinio, autorreflexión e a habilidade de adquirir e aplicar o intelecto. As ideas dan lugar ós conceptos, que son a base de calquera tipo de coñecemento, tanto científico como filosófico. Non obstante, nun sentido popular, unha idea pode suscitarse mesmo en ausencia de reflexión, por exemplo, ó falar da idea dunha persoa ou dun lugar.
Definición
[editar | editar a fonte]Unha idea é un termo filosófico que se pode analizar baixo catro puntos de vista segundo José Manuel Fernández Cepedal (1950 – 2001):
- Lóxico: a idea é un concepto que ten un significado.
- Ontolóxico: a idea é algo material que existe no mundo real.
- Transcendental: a idea é unha posibilidade do coñecemento.
- Psicolóxico: a idea é unha representación mental subxectiva.
Orixe
[editar | editar a fonte]Ideas platónicas
[editar | editar a fonte]Platón sitúa as ideas no mundo intelixible, porque segundo el son a única fonte de verdadeiro coñecemento, ó ser:
- Infinitas
- Eternas
- Inmutables (non cambian)
- O seu coñecemento leva á verdade universal
Racionalismo
[editar | editar a fonte]Os racionalistas inclináronse pola solución innatista: atribúen as ideas á Naturaleza do home.
Os empiristas sosteñen que a orixe das ideas hai que buscala na experiencia sensible; esta é a encargada de encher de contidos (ideas) a mente. Idea sería un contido mental resultado da acción dos estímulos sobre os sentidos do suxeito.
Clases
[editar | editar a fonte]Racionalismo
[editar | editar a fonte]Os racionalistas distinguen entre ideas claras, escuras, distintas, entre outras.
Empirismo
[editar | editar a fonte]Os empiristas distinguen entre ideas de sensación e de reflexión, entre ideas simples e complexas; a natureza só proporciona ideas particulares; as xerais son produto da mente.