Henry Fonda
Henry Jaynes Fonda, máis coñecido por Henry Fonda, nado en Grand Island, Nebrasca, o 16 de maio de 1905 e finado nos Ánxeles o 12 de agosto de 1982, foi un actor de cine e teatro estadounidense. Fillo de William Brace Fonda e de Herberta Krueger Jaynes. Fonda tiña antepasados neerlandeses, sendo o apelido Fonda orixinario de Frisia, unha rexión europea que se estende dende o norte dos Países Baixos ata o noroeste de Alemaña.[1]
Era o patriarca dunha familia de actores, entre os que están os seus fillos Jane Fonda e Peter Fonda, e a súa neta Bridget Fonda.
Gañador dos premios Óscar, Globo de Ouro, BAFTA e Tony. O cineasta John Ford, cando nunha entrevista se lle preguntou que era o cine para el, contestou: "Vostede viu camiñar a Henry Fonda? Pois iso é o cine". Esta frase valería para resumir a carreira de Fonda, un deses mitos do cine que se foron forxando a base de talento puro e traballo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Henry Fonda estudou xornalismo na Universidade de Minnesota, máis abandonou o curso no segundo ano. En 1925, traballaba nunha empresa en Omaha cando foi convidado para facer un papel importante nunha produción afeccionada da Community Playhouse. Nesa época el xa impresionara co seu metro oitenta e seis centímetros. Apaixonouse polo cine e o seu primeiro papel profesional foi na película You and Me, de Philip Barry.
A súa estrea no cine americano foi en 1935, repetindo o papel que fixera no teatro na adaptación de The Farmer Takes a Wife. Nesa mesma época faise amigo doutro actor novato, James Stewart, amizade que durou ata a súa morte. En 1936, Henry casou con Frances Seymour Brokwaw, unha americana rica e divorciada con quen tivo dous fillos, os tamén actores Jane Fonda e Peter Fonda. O casamento rematou traxicamente en 1950, co suicidio de Frances despois dun colapso nervioso.
Casou outras tres veces: en decembro de 1950, con Susan Levine Blanchard, con quen adoptou unha meniña; en 1957, coa italiana Afdera Franchetti e, en 1965, con Shirlee Mae Adams, con quen estivo casado ata a súa morte.
Antes de partir para a segunda guerra mundial como contramestre de terceira clase, participou en máis de vinte filmes, algúns grandes éxitos de portelo e crítica como Jezebel, Jesse James, Ao rufar dos tambores e As uvas da ira, coa que foi nomeado ao Óscar ó mellor actor.
Henry Fonda participou nunhas 90 películas. Conseguiu un Óscar como mellor actor xa ao final da súa carreira polo seu papel en On Golden Pond en 1981, poucos meses antes de morrer a consecuencia dun cancro e dunha doenza crónica de corazón na súa casa dos Ánxeles, acompañado pola súa muller Shirlee e a súa filla Jane Fonda, que tamén participara na súa derradeira película.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
- 1935
- ("The Farmer Takes a Wife") en España estreouse co título de Contrastes
- Way Down East
- I Dream Too Much en España estreouse co título de Canción de amor
- 1936
- The Trail of the Lonesome Pine en España estreouse co título de El camino del pino solitario
- Spendthrift
- The Moon's Our Home
- 1937
- Wings of the Morning
- You Only Live Once ("Só se vive unha vez")
- That Certain Woman
- Slim
- 1938
- I Met My Love Again ("Volveu o amor")
- Jezebel ("Jezabel")
- Blockade ("Bloqueo")
- Spawn of the North ("Lobos do norte")
- The Mad Miss Manton
- 1939
- Jesse James en España estreouse co título de Terra de audaces
- Let Us Live!
- The Story of Alexander Graham Bell en España estrouse co título de El gran milagro
- Young Mr. Lincoln O mozo Lincoln
- Drums Along the Mohawk ("Corazóns indomables")
- 1940
- As uvas da ira
- A raíña da canción ("Lillian Russell")
- A vinganza de Frank James ("The Return of Frank James")
- Chad Hanna
- 1941
- The Lady Eve (en España estreouse co título de Las tres noches de Eva)
- Wild Geese Calling
- Perténcesme ("You Belong to Me")
- 1942
- Rings on Her Fingers
- The Male Animal
- The Magnificent Dope
- Seis destinos ("Talles of Manhattan")
- A súa última danza ("The Big Street")
- 1943
- O sarxento inmortal ("Immortal Sergeant")
- Incidente en Ox-Bow ("The Ox-Bow Incident")
- 1946 : Paixón dos fortes ("My Darling Clementine")
- 1947
- Noite eterna ("The Long Night")
- O fugitivo ("The Fugitive")
- Entre o amor e o pecado ("Daisy Kenyon")
- 1948
- Unha enquisa chamada Milagre ("On Our Merry Way")
- Fort Apache
- 1955 : Escala en Hawaii ("Míster Roberts")
- 1956
- Guerra e paz ("War and Peace")
- Falso culpable ("The Wrong Man")
- 1957
- Doce homes sen piedade ("12 Angry Men")
- Cazador de fuxidos ("The Tin Star")
- 1958 : Stage Struck
- 1959
- O home das pistolas de ouro ("Warlock")
- The Man Who Understood Women
- 1962
- Tempestade sobre Wáshington ("Advise and Consent")
- O día máis longo ("The Longest Day")
- A conquista do Oeste ("How the West Was Won")
- 1963 : Febre no sangue ("Spencer's Mountain")
- 1964
- The Best Man
- Punto límite ("Fail-Safe")
- A pícara solteira ("Sex and the Single Girl")
- 1965
- Os desbravadores ("The Rounders")
- Primeira vitoria ("In Harm's Way")
- Guerra secreta ("The Dirty Game")
- A batalla das Ardenas ("Battle of the Bulge")
- 1966 : O destino tamén xoga ("A Big Hand for the Little Lady")
- 1967 : Unha bala para o diaño ("Welcome to Hard Times")
- 1968
- Os malvados de Firecreek ("Firecreek")
- Brigada homicida ("Madigan")
- Teus, meus, nosos ("Yours, Mine and Ours")
- The Boston Strangler
- Ata que chegou a súa hora ("Once Upon a Time in the West")
- 1970
- Comando no mar de China ("Too Latexa the Hero")
- O club social de Cheyenne ("The Cheyenne Social Club")
- O día dos tramposos ("There Was a Crooked Man")
- 1971 : Ás veces unha grande noción ("Sometimes a Great Notion")
- 1973
- O serpe ("Lle Serpent")
- Mércores de cinza ("Ash Wednesday")
- O meu nome é... ningún ("Il mio nome è Nessuno")
- 1974 : Mussolini: Último acto ("Mussolini: Ultimo atto")
- 1976 : A batalla de Midway ("Midway")
- 1977
- Tentáculos ("Tentacoli")
- Montaña rusa ("Rollercoaster")
- The Last of the Cowboys
- 1978
- Os novos leóns ("Il Grande attacco")
- Fedora
- O enxame ("The Swarm")
- 1979
- City on Fire ("Cidada con lume")
- Wanda Nevada
- Meteor ("Meteoro")
- 1981 : On Golden Pond ("No estanque dourado")
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1981 | Óscar ó mellor actor | On Golden Pond | Gañador |
1980 | Óscar Honorífico | Gañador | |
1940 | Óscar ó mellor actor | As uvas da ira | Nomeado |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1981 | Globo de Ouro ao mellor actor - Drama | On Golden Pond | Gañador |
1981 | Premio Cecil B. DeMille | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1957 | BAFTA ao mellor actor | 12 Angry Men | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2008. Consultado o 25 de novembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henry Fonda |
- Actores de Nebrasca
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Nados en 1905
- Nados en Nebrasca
- Finados en 1982
- Paseo da Fama de Hollywood
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Óscar ó mellor actor
- Óscar honorífico