[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Kingston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKingston
Vista nocturna
Imaxe

Lema«A city which hath foundations» Editar o valor en Wikidata
EpónimoKingston-upon-Thames Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°58′17″N 76°47′35″O / 17.9714, -76.7931
Reinos da CommonwealthXamaica
County of Jamaica (en) TraducirCondado de Surrey Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación580.000 (2009) Editar o valor en Wikidata (1.208,33 hab./km²)
Xeografía
Superficie480.000.000 m² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Portmore (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1692 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webksac.gov.jm Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461814

Kingston é a capital de Xamaica. Está situada no sueste o país, as beiras do mar Caribe. A súa poboación en 2004 estimábase que andaba arredor dos 660.000 habitantes.

Kingston foi fundada en 1693 polos ingleses logo de que un terremoto destuíse a cidade portuaria de Port Royal. Converteuse na capital administrativa da illa xamaicana en 1872 e conservou tal status até que o país logrou a súa independencia en 1962, pasando entón a ser a capital do novo estado.

Urbanismo

[editar | editar a fonte]

Kingstonposúe a imaxe de numerosas cidades que no pasado formaran parte de paíss colonizados: un centro urbano e un barrio norte, que son herdanza directa dos colonos británicos. Aí é onde se concentran a maioría das actividades económicas e políticas e a súa calidade contrasta nidia e fortemente coa realidade imperante nos barrios menos favorecidos.

O desenvolvemento da cidade carece de controis, de xeito que os "shanty towns" (favelas) aumentan en superficie ocupada e en poboación. Kingston non escapa a depauperización nos suburbios. Cada día acolle movos moradores que o éxodo rural conduce até a cidade.

Kingston posúe o barrio popular de Trenchtown, barrio orixinario dos artistas xamaïcanos de sona mundial: Bob Marley, Peter Tosh ou mesmo Burning Spear.

Porén, os barrios meridionais son os máis pobres e os máis insalubres, e onde é maior a influencia rastafari, da cal o altofalante foi Bob Marley. Mais ces quartiers sont aussi les plus pauvres et les plus insalubres de la ville.

O clima de Kingston é tropical, cinha temperatura media anual alta e uniforme, que supera os 26 °C. As precipitacións concéntranse nos meses que van de abril a novembro. Pola súa situación na área caribeña, Kingston está exposta á acción dos furacáns que se forman nesa zona.

Educación superior

[editar | editar a fonte]

O principal centro educativo superior é a University of the West Indies. Posúe unha biblioteca de preto de medio millón de volumes. É frecuentada non só por estudantes xamaicanos, senón por outros procedentes das illas próximas.

A fin de revitalizar a economía de Kingston, os ingleses trazaron un ferrocarril até Montego Bay, sito na costa norte do país. Porén a medida é insuficiente, nin sequera para servir de válvula de escape aos máis de 600.000 habitantes da capital.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]