[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Escrita

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Escrita, escritura ou transmisión escrita é o sistema de representación secundaria da lingua sobre material físico, ben sexa papel, pedra, madeira, arxila ou calquera outro material.[1][2][3]

Composición e características

[editar | editar a fonte]
  • grafema: cada un dos símbolos da escrita;
  • Dígrafo: conxunto de dous símbolos que representan un só fonema;

Os sistemas de escrita poden ser de varios tipos en función do número de fonemas que representan cada símbolo:

As filosofías nas que se basan as escollas gráficas nos sistemas de escrita poden ser:

segundo respecten á pronuncia ou a tradición escrita anterior. As dúas perspectivas vanse diferenciando co tempo, pois o establecemento e mantemento da norma escrita muda a unha velocidade menor có da pronuncia. Por exemplo, o inglés de agora escríbese como se pronunciaba hai varios séculos (por iso non hai unha correlación).

A aparición da escrita

[editar | editar a fonte]

A escrita apareceu por vez primeira en Sumeria, na Mesopotamia; dous ou tres séculos máis tarde, e de maneira independente, apareceu no Exipto. Desde Mesopotamia, a técnica estendeuse ao reino veciño de Elam e, desde este, pasou ao val do Indo a mediados do III milenio a.C. Na China, os primeiros textos apareceron, tamén de maneira independente, a mediados do II milenio.

En todos os casos, tanto a estrutura interna como a evolución da tecnoloxía asociada son moi semellantes:

En primeiro lugar úsanse signos que representan esquematicamente obxectos (pictogramas) e estes pásanse a ler como palabras, converténdose así en logogramas. Ademais, os logogramas adquiren unha lectura alternativa como entidades fónicas sen significado semántico intrínseco (silabogramas).

Os medios inmediatamente anteriores á escrita consistiron no que o arqueólogos denominan bulas, pequenas bolas de arxila marcadas por fora con selos cilíndricos e con fichas, tamén de arxila, no interior. Estas fichas teñen formas diferentes e probabelmente representan unhas numerais (1, 10 ou 60) e outras bens típicos da cultura mesopotámica, como cabezas de gando ou recipientes. Ás veces, as bulas tamén levan impresas no exterior marcas que coinciden coa forma e número de fichas do interior. Usáronse entre os anos 5000 e 4000 a. de C. en Uruk, Susa e o curso medio do Éufrates. Suponse que o vendedor ou subministrador enviaba a mercadoría e asegurábase de que chegaba intacta, na mesma cantidade en que fora expedida, facéndoa acompañar destas bulas. Moitas delas atopáronse sen rachar, o que indica que se confiaba na integridade da mensaxe transmitida.

Comezouse entón a prescindir das fichas e a gravar sempre os sinos e se selase o documento, co cal as novas tabelas perdían tamaño e gañaban en estabilidade, o que facilitaba o seu manexo e arquivo.

Estas mensaxes, consistentes exclusivamente en numerais e deseños esquemáticos de obxectos, podían ser interpretados por falantes de diferentes linguas. Ao non faceren referencia a palabras, senón a feitos e procesos extralingüísticos, non se poden considerar escrita en sentido estrito.

Arredor do ano -3300, os pictogramas pasaron a representar palabras dunha lingua viva, o sumerio, tornándose en logogramas. Nesta época usábanse preto de dous mil signos lingüísticos.

O paso seguinte deuse ao abstraer o son puro dun signo prescindindo do contido semántico da figura. O sumerio era unha lingua eminentemente monosilábica, co que se obtivo un repertorio extenso de sílabas puras, ou silabogramas. Estes signos podíanse ler como representación de obxectos ou ben para representar palabras dificilmente representábeis mediante logogramas, como os nomes abstractos e verbos de difícil representación. Cos silabogramas resultaban máis difíciles de memorizar, pero eran máis flexíbeis á hora de codificar a linguaxe, o que favoreceu que se reducise o seu número. Na época de Gamdat Nasr (arredor do ano -3000), usábase xa o mesmo conxunto de signos de maneira uniforme en todo o sur da Babilonia.

Se nun principio a escrita acompañaba exclusivamente a cultura oral e se reducía a mensaxes simples que anotaban unicamente os datos esenciais dun proceso, cos silabogramas foi posíbel escribir textos moito máis complexos, como himnos, proverbios e conxuros máxicos. En volta do -2300, xa se plasmaban co mesmo repertorio de signos os matices morfolóxicos e sintácticos de tres linguas diferentes, o siro-eblaíta, o sumerio e o acadio antigo.

A escrita cuneiforme foi un desenvolvemento forzado pola utilización dun punzón de cana ou de folla de cana sobre as tabelas de arxila. Estas representacións adoptaban a forma de liñas rectas e difundíronse moi rapidamente. Os documentos importantes ían sempre autentificados por medio dun ou varios selos.

Particularidades do sistema ortográfico galego

[editar | editar a fonte]

A base normativa da lingua galega é principalmente etimolóxica, Así, respecta por exemplo o uso do v e do b en función da escrita latina. Esta filosofía ortográfica, habitual nas linguas románicas, sobre todo da contorna (agás por exemplo no aragonés ou no italiano), produce certas incoherencias ao respecto da pronuncia, como por exemplo:

  • Duplicidade gráfica cando existe unha soa pronuncia fonolóxica co uso de b e v;
  • Duplicidade fónica cando existe un só grafema o que representa á vogal velar semiaberta e á vogal semipechada;
  • Duplicidade fónica cando existe un só grafema e que representa á vogal palatal semiaberta e á vogal semipechada;
  • Mantemento dun grafema para o cal non existe pronuncia: o h;
  • Existencia dunha disimetría na escrita das consoantes oclusivas velares:
    • Fronte ó uso prescrito de gu ante e e i, débese utilizar g ante a, o e u;
    • Para este mesmo fonema consonántico sonoro seguido de semivogal velar, débese usar ante e e i e usar gu ante a, o e u;
    • Mentres que ante a, o e u debe escribirse c, ante e e i debe usarse qu;
    • Isto mesmo pasa para a consoante interdental: mentres que ante a, o e u debe escribirse z, ante e e i debe usarse c. Un esquema destes usos asimétricos sería a seguinte táboa:
VOGAL I E A O U
VELAR OCLUSIVA SONORA GU GU G G G
VELAR OCLUSIVA SONORA + SEMIVOGAL GU GU GU
VELAR OCLUSIVA XORDA QU QU C C C
INTERDENTAL FRICATIVA XORDA C C Z Z Z

Estas mesmas normas incúmprense (por exemplo, non se escribe "Hespaña" ou "Xohán" inda que a etimoloxía así o obrigaría) ou ás veces son escuras (non se coñece con seguridade a etimoloxía de todo o léxico galego)

  1. "Mitos; transmisión escrita". www.uv.es (en castelán). Consultado o 2024-02-01. 
  2. "escrito, escrita". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-02-01. 
  3. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-02-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]