Década de 720
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século VIII | |||||
| |||||
|
720
- Artigo principal: 720.
- O valí musulmán Al-Samh toma as cidades de Perpiñán e Narbona, na Septimania.
Arte e cultura
721
- Artigo principal: 721.
- 9 de xuño: batalla de Tolosa, preto da cidade homónima. O duque franco Eudes de Aquitania rexeita o ataque do valí musulmám Al-Samh, que morre no combate.
- Eudes fracasa no intento por recobrar Narbona, en mans musulmás desde o ano anterior.
722
- Artigo principal: 722.
723
- Artigo principal: 723.
- O misioneiro anglosaxón Winfrid – despois chamado San Bonifacio, Apóstolo dos Xermanos – predicando entre os catos, derrubou a súa árbore sagrada, o Carballo de Thor, preto de Fritzlar, como parte dos seus esforzos para rematar a conversión ao cristianismo dos catos e as outras tribos xermánicas setentrionais.
- Fundación de Katmandú.
724
- Artigo principal: 724.
- Hisham ibn Abd al-Malik nomeado Califa omeia de Damasco (m. 743).
- Shomu sobe ao trono imperial xaponés. Sucede a Gensho.
- Transamundo rebélase contra Faroaldo II e, tras mandalo a un convento, convértese en novo duque de Spoleto.
725
- Artigo principal: 725.
- Os musulmáns toman a cidade de Carcasona, na Septimania.
- 22 de agosto - Tropas islámicas saquean a cidade de Autun, no corazón de Francia.
726
- Artigo principal: 726.
- O emperador bizantino León III comeza a promulgación dunha serie de edictos contra a adoración de imaxes, dando lugar ás disputas iconoclastas, que habían durar ata 787.
- Paulo sucede a Escolástico como exarca de Rávena.
727
- Artigo principal: 727.
- Unha coalición formada polos longobardos, o papa Gregorio II e certas cidades italianas rebélanse contra o emperador bizantino León III polos seus decretos iconoclastas.
728
- Artigo principal: 728.
- Liutprando, rei dos longobardos, conquista a maior parte do exarcado de Rávena, deixando só a capital.
729
- Artigo principal: 729.
- Gregorio II, Papa da Igrexa católica, convoca un concilio contra os iconoclastas.