Década de 380
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século IV | |||||
| |||||
|
380
- Artigo principal: 380.
- Edicto de Tesalónica: o arianismo é prohibido no imperio romano oriental.
- Concilio de Zaragoza, en Hispania: prohibe ás mulleres, entre outras prácticas, ensinar e predicar a doutrina cristiá. Os acordos diríxense contra o pricilianismo, que favorece as actividades das mulleres nas súas congregacións.
381
- Artigo principal: 381.
- Xullo - Clausura do IIº Concilio ecuménico de Constantinopla confirma os acordos do Primeiro Concilio de Nicea (325) e condena definitivamente o arianismo e o sabelianismo.
- Rescrito do emperador romano Graciano condenando o priscilianismo e desterrándoos "extra omnes terras".
- Setembro - Concilio de Aquilea: O emperador Graciano condena tamén para Occidente a herexía ariana. Os bispos arianos da Dacia, Paladio e Secundiano son depostos.
382
- Artigo principal: 382.
- 3 de outubro - O emperador romano oriental Teodosio I pechou un novo tratado cos visigodos, polo cal lles concede a Mesia e máis Tracia. En troques, os visigodos forneceron tropas auxiliares a Roma.
- Magno Máximo, xeneral romano, derrota en Britania a pictos e escotos.
- O emperador Graciano desloca a capital occidental para Milán (Mediolanum). Só ocasionalmente o emperador visita Roma.
383
- Artigo principal: 383.
Asia
Europa
- 19 de xaneiro - Teodosio I eleva a seu fillo máis vello, Arcadio, á augusto.
- Co apoio das tropas de Britania, o xeneral Magno Máximo rebélase contra o emperador Graciano e proclámase emperador de Roma (até 388). Traizoado polas súas tropas, Graciano sería entregado en Lugdunum (Lión), cuxo gobernador mandou executalo.
384
- Artigo principal: 384.
- O Imperio romano e o Imperio persa repártense Armenia.
385
- Artigo principal: 385.
Arte e cultura
- Amiano Marcelino comeza a redactar a súa historia de Roma: "Res Gestae Libri XXXI".
386
- Artigo principal: 386.
- Promoto, xeneral de Teodosio I, derrota os ostrogodos, que invadiran o Imperio Romano.
- Agostiño de Hipona convértese ao cristianismo
387
- Artigo principal: 387.
- O usurpador Magno Máximo apodérase de Roma, e logo de toda Italia, expulsando ao emperador Valentiniano II. Este busca a protección e axuda do emperador oriental romano, Teodosio I o Grande.
Ciencia e tecnoloxía
- O médico grecorromano Oribasio de Pérgamo, publica un tratado no que expón explicacións sobre a parálise e as hemorraxias.
388
- Artigo principal: 388.
Asia
Europa
- Batalla do Save: O emperador romano Teodosio I vence o usurpador Magno Máximo, nas beiras do río Save. Máximo refúxiase en Aquileia, onde é apresado. Posteriormente é executado.
- Teodosio I prohibe os cárceres privados, ante os abusos dos latifundistas cos encomendados ao seu patrocinio.
389
- Artigo principal: 389.
- O emperador Teodosio I ordena pechar o templo de Vesta, en Roma, e prohibe o seu culto.
- O mesmo soberano manda aos monxes de Calínico, en Mesopotamia, que reconstrúan a sinagoga que destruíran.