Borgoña
Bourgogne (fr) | |||||
Epónimo | Burgundios | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Borgoña-Franco Condado | ||||
Capital | Dijon | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.642.687 (2013) (52,01 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 31.582 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 4 de xuño de 1960 | ||||
Disolución | 31 de decembro de 2015 | ||||
Sucedido por | Borgoña-Franco Condado | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-D | ||||
Código NUTS | FRC1 | ||||
INSEE region code (en) | 26 | ||||
Borgoña[1][2][3] (francés: Bourgogne, en borgoñón: Bregogne) é unha rexión administrativa da Francia, situada ao leste do país e que agrupa aos departamentos de Yonne, Côte-d'Or, Nièvre e Saona e Loira.
Habitada en tempos por celtas, galos, romanos e galo-romanos, e varios pobos xermánicos, de entre os cales os máis importantes foron os burgundios (de onde deriva o seu nome actual, a través dunha forma medieval Burgundia), os eduos e os francos. Convén, porén, distinguir entre Burgundia e Borgoña. Burgundia é o nome dun reino xermánico que durou até o ano 534, mentres que Borgoña aplícase a unha provincia do reino dos francos que ocupaba aproximadamente o mesmo territorio que Burgundia, polo que este mesmo nome é o utilizado para denominar á rexión de Francia na actualidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Os burgundios eran un dos pobos xermánicos que encheron o baleiro de poder deixado tras a caída do Imperio Romano de Occidente. En 411, cruzaron o Rin e estableceron un reino en Worms. No medio das loitas entre romanos e hunos, o reino burgundio ocupou as terras nas que hoxe se atopan as fronteiras de Suíza, Francia e Italia. En 534, os francos derrotaron a Gundemaro, o último rei burgundio, e anexaron o seu territorio.
Durante a Idade Media, Borgoña foi a sede dalgúns dos máis importantes mosteiros, entre eles Cluny, Citeaux e Vézelay. A comezos do século XV a Borgoña era unha das máis importantes provincias semi-independentes do Reino de Francia. Encóntrase na zona oriental do país e parte dela xacía fóra das fronteiras francesas, o denominado Franche-Comté, ou Condado Libre. O ducado tamén incluía Artois, Flandres e o Brabante, nas actuais Bélxica e Países Baixos.
Borgoña foi unha provincia de Francia até 1790. É hoxe unha rexión administrativa de Francia, englobando os departamentos de Côte-d'Or, Nièvre, Saône-et-Loire e Yonne.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ao norte, a baixa Borgoña é unha rexión de chairas sedimentarias: engloba o Sénonais agrícola e a rexión de Othe forestal, que domina os vales do Yonne e do Armançon. Ao leste, as rexións do Saône corresponden a chairas de afundimento cubertas de pradarías e campos (trigo, millo, cultivo de hortalizas).
No centro, as mesetas borgoñoas, calcarias, inclínanse cara ao noroeste, mais descenden bruscamente cara ao sueste. Comprenden o Auxerrois, plataforma pedregosa onde se estableceu a vide (Chablis), o Tonnerrois, de altitude máis baixa, o Châtillonais, rexión pobre onde a agricultura coñece dificultades, a encrucillada dijonesa e a Côte-d'Or, última pendente abrupta da montaña, que alberga un dos viñedos máis famosos de Francia.
O Morvan, antigo macizo forestal, está rodeado de chairas arxilosas onde se practica a gandaría, cortadas pola depresión da Dheune-Bourbince. Ao sur finalmente, o Mâconnais, rexión de policultivo, gandaría e viñedo, descansa nas primeiras estribas do Macizo Central. O punto máis alto da rexión é o Haut-Folin, con 901 msnm no Morvan.
Demografía
[editar | editar a fonte]Borgoña conta con 1 628 837 habitantes e unha densidade de 52 hab/km2, o que é unha das densidades máis baixas de Francia. Ademais a poboación de Borgoña está moi desigualmente repartida, concentrándose preto das grandes vías de comunicación, mentres que o Morvan (zona montañosa do oeste da rexión) está practicamente despoboado. Actualmente, Borgoña está menos poboada que en 1881.
Dende 1990, o desequilibrio demográfico acentuouse entre Borgoña e as rexións dominantes que a rodean (Illa de Francia e Ródano-Alpes). En tanto que estas dúas experimentan uns fortes crecementos demográficos, Borgoña cae no estancamento e envellecemento, dado que a rexión atrae máis aos xubilados que aos mozos.
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura borgoñoa é dinámica, poderosa e moi especializada: cereais (trigo e cebada no Yonne e no Côte-d'Or), aceite, gandaría bovina (Charolais, Morvan, Nivernais), viticultura cos viños borgoñóns(Côte de Beaune, Nuite, Hautes-Côtes, Côte Chalonnaise, Mâconnais, Beaujolais).
A industria, que se desenvolveu desde o século XIX (carbón de Montceau-míneslles, siderurxia do Creusot, minas da Machine), coñeceu un novo auxe despois de 1945, particularmente no val do Saône (Mâcon, Chalon-sur-Saône), Dijon e o departamento de Yonne. En cambio, o norte da rexión, pobre en grandes empresas, viu como se instalaban industrias menos pesadas, máis diversificadas e menos vulnerables: química, industria farmacéutica, electrónica, transformación do plástico, papelaría, industrias mecánicas e de automóbiles e industrias agro-alimentarias.
Finalmente, o comercio exterior e o turismo (gastronomía, historia, cultura, turismo verde no parque natural do Morvan) proporcionan á rexión importantes recursos complementarios.
Administración
[editar | editar a fonte]O presidente do Consello Rexional de Borgoña é o socialista François Patriat, que ocupa este cargo dende as eleccións rexionais de 2004. A coalición progresista que encabeza François Patriat estaba formada polo Partido Socialista, o Partido Comunista Francés, Os Verdes e o Partido Radical de Esquerda. Esta coalición obtivo o 52,49% dos votos emitidos na segunda volta e 37 dos 57 escanos en xogo.
Esta lista foi a máis votada en tódalas circunscricións electorais. O mellor resultado conseguiuno no departamento de Nièvre co 58,22% dos votos emitidos. Por contra, o peor resultado foi o conseguido no departamento de Yonne con só o 44,62%.
A lista do presidente saínte, Jean-Pierre Soisson, da conservadora UMP, obtivo un 32,14% dos votos e 14 escanos. A candidatura do ultraconservador Fronte Nacional foi a menos votada na segunda volta cun 15,37% dos votos e 6 escanos. A Unión pola Democracia Francesa, que obtivera un 12,98% dos votos na primeira volta das eleccións, retirouse da segunda volta sen dar ningunha recomendación de voto.
División administrativas
[editar | editar a fonte]A rexión de Borgoña está dividida en catro departamentos, quince distritos, 174 cantóns e 2.045 concellos. Os catro departamentos da rexión son (entre paréntese número de habitantes):
- Côte-d'Or (531.211)
- Nièvre (222.220)
- Saona e Loira (544.893)
- Yonne (345.000)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para borgoñón.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 112. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.