[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Boeing B-29 Superfortress

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
B-29 Superfortress
Boeing B-29 Superfortress
Tipobombardeiro estratéxico
FabricanteBoeing
Primeiro voo21 de setembro de 1942[1]
Introducido8 de maio de 1944
Retirado21 de xuño de 1960
Estadosó 2 activos
Principais usuariosForzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos
Forza Aérea dos Estados Unidos
Royal Air Force
Produción1943 - 1946
Unidades construídas3 970

O Boeing B-29 Superfortress foi un bombardeiro pesado catrimotor estadounidense, usado na segunda guerra mundial e na Guerra de Corea. Nomeado en alusión ao seu predecesor, o B-17 Flying Fortress, o Superfortress foi deseñado como un bombardeiro estratéxico a gran altitude, pero tamén destacou nos bombardeos incendiarios nocturnos a baixa altitude, e no lanzamento de minas navais para bloquear Xapón.

Foi a principal arma de ataque utilizada contra o Xapón e continuou en servizo en varios roles durante os anos 50. A RAF británica tamén usou o B-29 e bautizouno co nome de Washington, e a Unión Soviética fabricou unha copia sen licenza coñecido como Tupolev Tu-4.

O B-29 foi o proxenitor dunha serie de bombardeiros, avións de recoñecemento, de adestramento e de repostaxe en voo construídos por Boeing, entre os que estaba o B-50 Superfortress, unha variante do B-29. Os posteriores modelos da compañía, impulsados por reactores (o B-47 Stratojet e o B-52 Stratofortress) continuaron a liñaxe.

O B-29 foi un dos avións máis grandes en servizo na segunda guerra mundial e era un bombardeiro moi avanzado nesa época, que incluía características como unha cabina presurizada, un sistema electrónico de control de fogo, e torretas de metralladoras manexadas por control remoto. Aínda que foi deseñado como bombardeiro diúrno de grande altitude, na práctica realmente realizou máis misións nocturnas a baixa cota con bombas incendiarias. Foi o principal avión na campaña de bombardeos estadounidense contra o Xapón nos últimos meses da guerra, e levaron as bombas atómicas que destruíron as cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki. A diferenza doutros bombardeiros da guerra, o B-29 continuou en servizo moito tempo despois do seu final, e incluso un feixe deles foron empregados como transmisores voantes de televisión para a compañía Stratovision. O modelo foi finalmente retirado a principios dos anos 60, despois de ser construídos 3 970 exemplares.

  1. LeMay e Yenne 1988, p. 60

Bibliografía

[editar | editar a fonte]