Alain Delon
Alain Fabien Maurice Marcel Delon, nado en Sceaux (Altos do Sena) o 8 de novembro de 1935 e finado en Douchy (Loiret) o 18 de agosto de 2024, foi un actor francés, icona do cinema europeo das décadas de 1960 e 1970. Desde 1964 é tamén produtor cinematográfico. Gañou o Premio César en 1984. En 1999 pasou a ter a dobre nacionalidade franco-suíza, e foi concecorado coa Lexión de Honra do goberno francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trala separación do seu pai e a súa nai cando tiña catro anos, tivo unha infancia difícil, sendo expulsado do colexio católico onde estudaba por mala conduta. Deixou a escola con 14 anos, pasando a traballar na carnizaría do seu medio pai. Con 17 anos entrou no exército como paracaidista, participando na batalla de Diên Biên Phu da guerra de Indochina. Tras regresar da guerra, traballou como estibador no Mercado Central de París.
Era amigo do actor Jean-Claude Brialy e da actriz Brigitte Auber, e no Festival de Cannes de 1956 coñeceu os directores Yves e Marc Allégret. Iniciouse no cinema en 1957 nun cameo en Quand la femme s'en mêle, de Yves Allégret. Consagrouse en 1960 con Plein soleil, de René Clément. Pasou a ser un dos actores fetiche de Luchino Visconti, co que protagonizou Rocco e os seus irmáns, e compartiu protagonismo con Burt Lancaster e Claudia Cardinale en O Gatopardo. Tamén traballou con Antonioni en L'eclisse e con Brigitte Bardot en Les amours célèbres de Michel Boisrond.
Logo desta época, centrouse no cinema francés, con películas como Le samurai de Jean-Pierre Melville, Histoires extraordinaires de Louis Malle e La piscine de Jacques Deray. En 1976 protagoniza Monsieur Klein de Joseph Losey e Le gang. En 1984 traballa en Un amour de Swann, de Volker Schlöndorff.
Iniciouse como produtor, obtendo grande éxito con Borsalino de Jacques Deray, na que aparece xunto a Jean-Paul Belmondo. En 1980 dirixe Pour la peau d'un flic, e en 1983 repite tralas cámaras con Le battant.
En 2023 deuse a coñecer que tiña un linfoma e faleceu na sua casa de Douchy aos 88 anos o 18 de agosto do 2024.[1][2]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alain Delon |
- ↑ "Alain Delon : le cancer qui déchire sa famille". Le Point (en francés). 2024-01-24. Consultado o 2024-08-18.
- ↑ à 08h03, Par Catherine Balle Le 18 août 2024 (2024-08-18). "Alain Delon, monstre sacré du cinéma, est mort à 88 ans". leparisien.fr (en francés). Consultado o 2024-08-18.