[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aecio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAecio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Aetius
(la) Flavius Aëtius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 390 Editar o valor en Wikidata
Silistra, Bulgaria Editar o valor en Wikidata
Morte21 de setembro de 454 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (54/64 anos)
Rávena, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Cónsul romano
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano e Antigüidade tardía Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Romano de Occidente Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército romano tardío Editar o valor en Wikidata
Rango militarMagister militum Editar o valor en Wikidata
ConflitoBatalha de Ravena (pt) Traducir
Batalla dos Campos Cataláunicos Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido
Pelagia Editar o valor en Wikidata
FillosCarpilio, Aetia, Gaudentius Editar o valor en Wikidata
PaiFlavio Gaudencio Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4808202 WikiTree: Aetius-1

Flavio Aecio, (en latín, Aetius) nado en Durostorum, Mesia, no 396 e finado en Rávena o 21 de setembro do 454, foi un xeneral romano.

Orixinario da provincia de Moesia, era fillo do magister equitum Gaudencio e da dama Aurelia. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de Alarico I, o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos godos. Serve á súa vez como magister equitum nas Galias durante a xefatura militar de Félix, ata que no 433 alcanza el mesmo a dita maxistratura de magister militum.

Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico Imperio de Occidente que está en proceso de derrube. Protexe Italia e detén a expansión dos bárbaros: frea aos visigodos na Galia e reduce aos burgundios en Savoia. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento vándalo no norte de África.

Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os hunos. Sentíndose insultado o seu caudillo Atila polo emperador Valentiniano III ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá Honoria, lánzase a destruír Roma. Para isto convoca unha gran confederación de tribos escitas, sármatas, xépidas, ostrogodas, alanas, que se unen aos hunos na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a francos, vándalos, visigodos e as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos Campos Cataláunicos no ano 451: é a última gran batalla do Imperio de Occidente.

Para a súa desgraza, esta gran vitoria halle valer a envexa do emperador, que, abrigando sospeitas dunha hipotética pretensión ao trono, ordena matalo no 454.[1][2] Posteriormente, a intriga vólvese contra o propio Valentiniano, que é asasinado un ano despois por seguidores de Aecio.

  1. Heather (2005), p. 472
  2. Maier (1986), p.122

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Heather, Peter (2005). La caída del imperio romano (en castelán). Barcelona: Crítica/Círculo de Lectores. ISBN 978-84-672-3049-9. 
  • Maier, Franz George (1986). Las transformaciones del mundo mediterráneo. Siglos III-VIII. Colección: Historia universal Siglo XXI (en castelán). Madrid: Editorial Siglo XXI. ISBN 968-23-0887-9.