Cemiterio
Un cemiterio[1] ou camposanto[2] é un lugar onde se depositan os cadáveres, os restos mortais dunha persoa defunta.
Características
[editar | editar a fonte]As necrópoles existiron desde hai ben tempo. Xa durante o megalitismo construíronse dolmens para deixar os corpos das persoas falecidas.
O proceso de inhumación varía segundo a cultura do lugar. Os corpos poden introducirse en ataúdes, féretros ou sarcófagos, ou simplemente ser envoltos en teas. Á vez, ben poden ser sepultados baixo terra ou depositados en nichos, mausoleos ou outro tipo de sepulturas. Tamén é común a cremación cos corpos e o depósito das cinzas no cemiterio.
Usualmente, os cemiterios son comunitarios, atopándose no recinto as tumbas dos membros da comunidade, sen chegar a ser tumbas colectivas, pois cada defunto ten o seu propio espazo determinado aínda que, por decisión familiar, tamén poden enterrarse varios familiares no mesmo lugar.
A palabra cemiterio procede do termo grego koimetérion ("dormitorio"), pois segundo o cristianismo, os corpos dormen até o día da resurrección. No caso dos cemiterios católicos, tamén son coñecidos co nome de camposantos. Esta denominación comezou a usarse en Pisa, onde se soterrou con terra traída de Xerusalén o cemiterio construído no século XIII dentro da cidade.[Cómpre referencia]
É un lugar por tradición asociado a numerosas lendas e mitos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de cemiterios de Galicia.
-
Graba, Silleda
-
Nena nun cemiterio
-
Cemiterio en Teo, Galiza
-
Mariña luguesa
-
Vista dun cemiterio en Graba, Silleda.
-
Panteón nun cemiterio na Estrada.
-
Cruces nun cemiterio en Outeiro de Rei
-
Cemiterio en Noia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cemiterio.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camposanto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio |