plataneiro
Aparencia
- Pronuncia: [pla.taˈnej.ɾʊ] (AFI)
plataneiro (sg: plataneiro; pl: plataneiros)
- (Botánica) Nome vulgar das especies arbóreas do xénero Platanus da familia Platanaceae.
- Termos relacionados: plátano común, plátano de sombra ,plátano americano, plátano europeo, plátano oriental, plátano occidental.
- (Botánica) (Platanus x hispanica) Árbore caducifolia de gran talle, moi común en parques e xardíns de tódalas cidades temperadas do mundo. Moi común en Galicia. Pertence á familia Platanaceae. A orixe é unha hibridación entre o Platanus orientalis e mailo Platanus occidentalis ou americano. Suponse que dita hibridación produciuse en España, no século XVII, onde as dúas especies tiveron a primeira oportunidade en se atopar. De aí o nome de hispánica.
- Sinónimos: plátano común, plátano de sombra.
- (Botánica) Bananeira. Árbore tropical que dá uns froitos alongados e brandos, de cor amarela e dispostos en grandes piñas.
Traducións
árbore (Platanus)
|
Platanus x hispanica
|
bananeira
|